quinta-feira, 24 de maio de 2012

De onte a hoxe para ter mañá


A presenza en Rianxo de numerosos escritores ao  longo da nosa Historia literaria é un feito de inspiración para o pobo, pois axuda a que os rianxeiros teñamos conciencia da nosa propia lingua e da nosa propia cultura. Ademais é un motivo de orgullo para a xente de aquí que ve espallado o nome de Rianxo por todo o mundo, converténdose nunha fonte de inspiración artística.
Desde Paio Gomez Chariño a Manuel Antonio pasando por Rafael Dieste e o grande Castelao, os rianxeiros podemos presumir de lingua.
A creación destes autores inspíranos a nós. As cantigas de Charinho chégannos desde o século XIII e a imitación das súas formas lévannos a convertir a Literatura Medieval en Contemporánea, adaptándoas ao noso tempo e proxectando as nosas ideas cara ao futuro.

SERXIO LAMAS 3A

PRODUCIÓNS E CREACIÓNS DO ALUMNADO
  • PRESENTACIÓN
Paio Gómez Chariño
View more presentations from Marlou

  • MONTAXES AUDIOVISUAIS COS TEXTOS DE CHARINHO...

Sem comentários:

Enviar um comentário